Fomento de Iniciativas

División de ITV.

A área de maior relevancia, con expansión internacional.

A inspección técnica de vehículos contribúe a mellorar a seguridade vial e a reducir a contaminación ambiental. Foi unha das primeiras actividades do Grupo e a que maior relevancia adquiriu co paso do tempo.

A empresa Supervisión y Control, concesionaria en Galicia, é a cabeceira da división, na cal se investigan e ensaian as novas tecnoloxías e desenvólvense deseños propios para complementar, mellorando, os deseños comerciais existentes nos mercados.

Dende Galicia incrementouse a actividade mediante a expansión internacional conseguindo gañar concursos na provincia de Bos Aires, así como en Costa Rica, onde se presta o servizo en réxime concesional en todo o país a través da empresa Riteve.

Na actualidade, o grupo ten unha capacidade de inspección instalada superior a catro millóns de vehículos anuais.

Aviso legal

Teléfono: + 981 911 800

Fax: + 981 911 801 / 802

Enrique Mariñas, 36-1º Edificio Torre Cristal

Polígono Matogrande

15009 A Coruña - España.