Fomento de Iniciativas

División náutica.

Unha actividade deportiva e de ocio en continua expansión.

Dedicada á construción e explotación de portos deportivos por medio de concesións obtidas en concursos públicos. Esta división conta con instalacións náuticas como Marina Coruña, porto deportivo de última xeración, situado no ámbito histórico do Castelo de San Antón da cidade coruñesa, que dispón de ata 700 prazas de amarre, dende pequenas esloras ata megaiates, cunha superficie total de 32.168 m2, edificio de servizos, aparcadoiro subterráneo e todas as funcionalidades que require unha moderna instalación náutica.

Ademais, posúe unha Marina Seca coa maior nave de España dedicada ao invernaxe de barcos de recreo, así como á súa reparación e mantemento, ofrecendo un completo abano de servizos relacionados coa náutica deportiva (máquinas de varada, tenda náutica, restaurante-cafetaría, aulas de formación, peirao de servizo, venda e aluguer de embarcacións, ITB, etc).

A Marina Yates correspóndelle a venda e aluguer de barcos veleiros e de motor, tanto novos coma de ocasión.

Aviso legal

Teléfono: + 981 911 800

Fax: + 981 911 801 / 802

Enrique Mariñas, 36-1º Edificio Torre Cristal

Polígono Matogrande

15009 A Coruña - España.