SOSTIBILIDADE: contribuÍmos a crear valor compartido

En fi/grupo: cooperamos para acadar un desenvolvemento sostible, xusto e estable para as xeracións presentes e futuras. A diversificación da nosa actividade garda un propósito: investimos e apostamos por empresas e equipos que contribúen ao crecemento socioeconómico e ao respecto medioambiental da nosa comunidade. O esforzo de cada unha das nosas unidades de negocio tradúcese no seu reinvestimento para crear valor compartido.

É firme o noso compromiso para seguir a xerar emprego de calidade e impulsar unha xestión baseada en criterios de sostibilidade ASG (ambientais, sociais e de goberno). A nosa forma de estar, relacionarnos e operar coa nosa contorna e a das nosas empresas, principalmente con clientes, provedores, accionistas e coa sociedade en xeral, non pode realizarse de ningunha outra maneira.

Baixo esta motivación, impulsamos accións que contribúen a acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Organización das Nacións Unidas.

Foto aérea de Marina Coruña

COMO O FACEMOS?

Coidado aos nosos maiores


É o caso de Raiola Residencial, unha compañía innovadora que aplica unha mellor atención no coidado dos nosos maiores en residencias concibidas e construídas para atender as súas necesidades de maneira personalizada.

Fabricación sostible


Gráficas Salnés é outro bo exemplo. A súa fábrica sostible de packaging elabora caixas e estoxos en cartón e papel co sistema de certificación forestal PEFC e os certificados da cadea de custodia Forest Stewardship Council (FSC).

Reutilización e reciclaxe


A descontaminación, a desmontaxe e a economía circular enmarcan a actividade de Desguaces Armonía. A súa tecnoloxía e coñecementos permiten superar os niveles de reciclaxe do 95% do peso total do vehículo que require a Unión Europea.

Igualdade, diversidade e cultura


Apoiamos iniciativas que promoven a igualdade de oportunidades e a diversidade, porque estamos comprometidos cun cambio real na sociedade. Inclusión é igual a prosperidade e avance.

Eficiencia e baixas emisións


As nosas iniciativas e promocións inmobiliarias caracterízanse pola súa eficiencia enerxética e as baixas emisións. Zero Housing, Abeconsa e Amma Promoción son un bo exemplo desta actividade responsable.

Respecto ao medio ambiente


O noso cariño pola contorna e o mar, como fonte de vida, reflíctese en Figrupo Marinas. Coidamos e defendemos a saúde dos nosos océanos, e promovemos unha vida sa en contacto coa natureza. 

Impulso á saúde


Investimos con cabeza e corazón, é o caso das nosas empresas participadas que coa súa investigación, innovación e tecnoloxía promoven solucións para manter e mellorar a saúde das persoas.

Scroll ao inicio