GRÁFICAS SALNÉS

Deseño e fabricación de packaging de cartón personalizado

Gráficas Salnés, con máis de 40 anos de traxectoria, é un referente no deseño e a fabricación de packaging de calidade en Galicia para clientes nacionais e internacionais. La compañía foi adquirida por fi/grupo: no 2020 e dende ese exercicio a súa actividade e a súa capacidade industrial multiplicáronse de maneira exponencial.

Máis de 1.800 proxectos únicos ao ano, cunha capacidade de fabricación anual que supera os 50 millóns de packs, envases e caixas. A súa planta, situada en Cambados (Pontevedra), integra nos seus 7.200 metros cadrados a última tecnoloxía dispoñible para elaborar caixas forradas, estoxos pregados ou caixas contracoladas.

Gráficas Salnés atesoura un equipo altamente especializado no sector das artes gráficas que proporcionan solucións personalizadas e a medida, segundo as necesidades dos seus clientes. Desenvolvemento de caixas e estoxos para todo tipo de sectores como viño e bebidas, perfumaría, alimentación, cosmética e produtos industriais e especiais, entre outros.

Packaging personalizado
e sostible

A sostibilidade medioambiental e social é unha das máximas preocupacións de Gráficas Salnés, que impulsa o talento local e desenvolve políticas de eficiencia enerxética e de consumo responsable. Aposta polo packaging sostible, un dos piares do seu plan estratéxico a través do uso de materias primas recicladas e reciclables, e medidas de consumo enerxético.

Solvencia técnica, calidade e inmediatez para responder aos retos dos clientes, con tecnoloxías de preimpresión, impresión, pregadura, troquelado, encolado e especialización en forrados con acabados premium e en múltiples medidas

Contacta con
Gráficas Salnés

Polígono industrial Sete Pías, Vial nº 4 – parcelas 20, 21 e 22, 36635 Cambados – Pontevedra

Scroll ao inicio