Adegas e Viñedos deAmador

Novo proxecto vinícola no corazón do Salnés
A iniciativa investidora máis recente, Adegas e Viñedos Deamador, rende homenaxe ao noso fundador nun proxecto destinado á produción de viños DO Rías Baixas de alta calidade en dous predios do Salnés (Pontevedra).
Unha delas, de 4 hectáreas, atópase en Vilanova de Arousa e xa ten plantadas as cepas de uva albariño. A outra, situada en Meis, é unha parcela de 9,7 hectáreas que albergará unha plantación de 6 hectáreas da mesma variedade de uva. En ambas preténdese cultivar un viño de alta calidade, que verá a luz despois de tres anos de elaboración.
A primeira produción de Adegas e Viñedos Deamador está prevista para 2026 cun pequeno lote de 5.000 botellas.


