Figrupo Marinas

Amarre, varadeiro e taller para embarcacións na Coruña e Viveiro

Figrupo Marinas é unha das liñas de actividade máis dinámicas do holding empresarial. Dispón de dous modernos portos deportivos, Marina Coruña e Marina Viveiro, e ademais o varadoiro de Marina Coruña. En todos ofrece un servizo integral para calquera embarcación a vela ou a motor, sexa do tamaño que sexa, e para os seus navegantes. Todo para gozar da mellor experiencia náutica.

O temón de Figrupo Marinas está en mans do coruñés ‘Chuny’ Bermúdez de Castro, un dos mellores regatistas oceánicos de España e con maior palmarés.

Marina Coruña


Porto deportivo e complexo náutico premium, situado nunha zona privilexiada da Coruña. Destaca pola súa ampla capacidade, de ata 400 amarres, que albergan tamén a superiates, e polo seu servizo 360 para clientes e tránsitos. Dispón de excelentes locais de hostalería e diversas actividades náuticas, como alugueiro de barcos, motos de auga e escolas de vela, submarinismo e paddle surf, entre outras. Tamén conta con escola de navegación e club náutico, ademais dun aparcadoiro de autocaravanas cunha localización privilexiada.

Marina Coruña VaradeIro


Instalación náutica de referencia no noroeste de España, preparada para a invernaxe en seco a cuberto e descuberto de todo tipo de embarcacións. O taller conta cun equipo multidisciplinar de operarios que manteñen e reparan todo de tipo de barcos. Ofrecen servizos de carenados e fibra, velaría, refit, taller de enxarcias, cabina de pintura, ITB, travel, tenda de recambios das mellores marcas do mercado, etc. Ademais, é o Servizo Oficial Volvo Penta e Yanmar Dealer.

Marina Viveiro


Moderno porto deportivo situado no centro de Viveiro (Lugo), ao norte de Galicia. Consta de 250 amarres e unha solución completa para barcos e navegantes con servizos de varadoiro, travel, taller, mantemento, vestiarios, auga, bar, restaurante, electricidade e aparcadoiro.

INSTALACIÓNS de amarre, varadeIro E taller de última XERACIÓN, con asistencia inmediata AS 24 horas durante OS 365 días DO aNo

Contacta con
Figrupo Marinas

Scroll ao inicio