RAIOLA RESIDENCIAL

Innovación en modelos de residencias para maiores

Raiola Residencial está formada por un conxunto de residencias dedicadas ao coidado de persoas maiores que se distingue polo seu innovador modelo de atención. Os seus aloxamentos e servizos céntranse no benestar dos seus residentes. O centro adáptase ás súas necesidades.

A compañía xorde no 2020 da unión de fi/grupo: e un grupo de profesionais con ampla experiencia no sector. O obxectivo de todos é apostar por un novo modelo de convivencia nas residencias en Galicia e en España. Dende a concepción dos edificios ata a incorporación das tecnoloxías de apoio máis avanzadas, Raiola Residencial achega unha mellor experiencia e comodidade tanto a residentes como a traballadores.

Actualmente, Raiola Residencial dispón de máis de 250 prazas nas súas catro residencias de Avenida de Lugo (Santiago de Compostela), San Marcos (Santiago de Compostela), Meirás (Sada, A Coruña) e Oleiros (A Coruña).

Servizos de atención
individualizada

Coa súa atención individualizada, Raiola Residencial rompe co enfoque da residencia tradicional. Este modelo implica recoñecer a singularidade e unicidade da persoa, e fixar a atención nas súas capacidades fronte a aquilo que a fai dependente, fomentando a súa autonomía. A súa posta en marcha noutras zonas de Europa amosou unha gran mellora na calidade de vida das persoas maiores en situación de fraxilidade e dependencia. 

Raiola Residencial dispón de unidades de convivencia, recuperación de ictus e posthospitalaria, estancias temporais, atención médica e nutricional, e programas de actividades

Contacta con
Raiola Residencial

Raiola San Marcos

Costa de San Marcos 24,
15820 Santiago de Compostela

Raiola O Hórreo

Avenida de Lugo 87-89,
15702 Santiago de Compostela

Raiola Meirás

Lugar de Piñeiro, 35B – Meirás,
15168 Sada (A Coruña)

Raiola Oleiros

Rúa O Miradoiro, 1A, 15172 Oleiros, A Coruña

Scroll ao inicio