ZERO HOUSING

Construción sostible a través de solucións industrializadas

Zero Housing é sinónimo do compromiso de fi/grupo: coa sostibilidade social, económica e ambiental. A súa inclusión no grupo prodúcese no 2022 baixo a dirección de Marta de Castro, a segunda xeración familiar, que lidera esta nova etapa.  

A compañía desenvolve e integra sistemas industrializados de fachada (2D) e sistemas industrializados modulares para a construción en altura (3D).

sistema de fachada (2D) é innovador, xa que contempla todo o paquete de fachada, dende o acabado e carpintaría exterior ao trasdosado interior, e non é necesaria a utilización de andamios para a súa instalación en obra.

sistema 3D permite modular calquera edificio, tanto dende a súa concepción como a partir de proxectos xa existentes. Desta forma, ata o 60% do total da construción execútase en fábrica, para o seu posterior posicionamiento en obra. A utilización de sistemas industrializados tradúcese nunha redución á metade nos prazos de execución. Segundo a Análise de Ciclo de Vida (ACV) realizado polo Instituto de Tecnoloxía da Construción (ITeC), no que se compara o seu sistema construtivo coa construción tradicional, redúcense un 52% as emisións de CO₂, un 35% os consumos enerxéticos e un 64% o consumo de auga.

Integra as mellores
marcas do mercado

A integración de diferentes sistemas construtivos coas mellores marcas do mercado en estrutura metálica, compoñentes de envolventes interior e exterior e forxado, entre outros, permite ofrecer unha solución certificada en tempo e prezo.

O método de traballo de Zero Housing ofrece múltiples vantaxes para todos os grupos de interese: promotores, arquitectos e compradores finais

Contacta con
Zero Housing

Circular Este nº30,
Parque Empresarial de Pazos,
15917 Padrón – A Coruña

Lg. Vigo nº6
Santa María de Cruces
A Coruña

Scroll ao inicio