POLÍTICA DE COOKIES

A presente Política de Cookies ten por finalidade informar de maneira clara e precisa sobre as cookies que se utilizan na páxina web.

1. IDENTIFICACIÓN DO RESPONSABLE DO TRATAMENTO

  • Responsable do tratamento: FIGRUPO EMPRESARIAL, S.L.
  • NIF: B81004525
  • Enderezo: Rúa Fernando Macías, 31-33, 1º
  • Correo electrónico para o exercicio de dereitos: info@figrupo.com

2. QUE SON AS COOKIES?

Unha cookie é un pequeno arquivo que se descarga e instala automaticamente no dispositivo das persoas usuarias a través do seu navegador (Edge, Firefox, Chrome, Safari, entre outros) ao visitar un sitio web.

En xeral, estas tecnoloxías poden servir para finalidades moi diversas como, por exemplo, recoñecelo como persoa usuaria da web, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se mostra o contido, etc.

Este sitio web utiliza cookies e/ou tecnoloxías similares que almacenan e recuperan información cando navega por el. Os usos concretos que facemos destas tecnoloxías descríbense a continuación.

3. CLASIFICACIÓN E TIPOS DE COOKIES UTILIZADAS

As cookies clasifícanse segundo a entidade que as xestione, segundo a súa finalidade e segundo o período de tempo durante o que permanecen activas.

3.1 Cookies segundo a entidade que as xestione

  • Cookies propias: son aquelas das que é responsable o propio editor e que, xeralmente, se envían ao equipo terminal das persoas usuarias desde un equipo ou dominio xestionado polo propio editor e desde o que se presta o servizo solicitado pola persoa usuaria.
  • Cookies de terceiros: son aquelas das que é responsable unha entidade distinta do editor e que, xeralmente, se envían ao equipo terminal da persoa usuaria desde un equipo ou dominio que non é xestionado polo editor, senón por outra entidade que trata os datos obtidos a través das cookies.

3.2 Cookies segundo a súa finalidade

  • Cookies técnicas: son aquelas que permiten ás persoas usuarias navegar a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e utilizar as diferentes opcións ou servizos existentes nela, incluídas aquelas que o editor utiliza para permitir a xestión e operativa da páxina web e habilitar as súas funcións e servizos. Inclúense, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a zonas de acceso restrinxido, lembrar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, xestionar o pagamento, controlar a fraude vinculada á seguridade do servizo, realizar unha solicitude de inscrición ou participación nun evento, contabilizar visitas para efectos da facturación de licenzas do software co que funciona o servizo, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son, habilitar contidos dinámicos —por exemplo, a animación de carga dun texto ou imaxe— ou compartir contidos a través de redes sociais.
  • Cookies de preferencias ou personalización: son aquelas que permiten lembrar información para que a persoa usuaria acceda ao servizo con determinadas características que poden diferenciar a súa experiencia da doutras persoas usuarias como, por exemplo, o idioma, o número de resultados que se mostrarán cando a persoa usuaria realiza unha busca, o aspecto ou contido do servizo en función do tipo de navegador a través do cal acceda ao servizo ou da rexión desde a que acceda, etc.
  • Cookies de análise ou medición: son aquelas que permiten ao responsable destas realizar o seguimento e análise do comportamento das persoas usuarias dos sitios web aos que están vinculadas, incluída a cuantificación dos impactos dos anuncios. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase para medir a actividade dos sitios web, aplicacións ou plataformas, co fin de introducir melloras en función da análise dos datos de uso que fan as persoas usuarias do servizo. Adoitan ser cookies de baixo risco para a privacidade se os datos son datos agregados.
  • Cookies de publicidade comportamental: son aquelas que almacenan información sobre o comportamento das persoas usuarias obtida mediante a observación continuada dos seus hábitos de navegación, o que permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función deste.

3.3 Cookies segundo o prazo de tempo que permanecen activas

  • Cookies de sesión: son aquelas deseñadas para recoller e almacenar datos mentres a persoa usuaria accede a unha páxina web. Adoitan utilizarse para almacenar información que só interesa conservar para a prestación do servizo solicitado pola persoa usuaria nunha única ocasión —por exemplo, unha lista de produtos adquiridos— e desaparecen ao finalizar a sesión.
  • Cookies persistentes: son aquelas nas que os datos permanecen almacenados no terminal e poden ser consultados e tratados durante un período definido polo responsable da cookie, que pode ir desde uns minutos ata varios anos.

4. COOKIES UTILIZADAS NESTE SITIO WEB E CONFIGURACIÓN

5. BASE XURÍDICA E PERÍODO DE CONSERVACIÓN

A base xurídica do tratamento de determinados datos persoais —por exemplo, datos de identificadores de dispositivos ou enderezos IP— para as finalidades indicadas no cadro anterior é o consentimento da persoa usuaria, que se outorga conforme ao establecido no banner informativo e nesta política, agás aquelas cookies que sexan estritamente necesarias para a navegación polo noso sitio web.

O período de conservación dos seus datos persoais é o establecido para cada cookie na táboa de cookies utilizadas.

6. CONSENTIMENTO

Para poder instalar as cookies no dispositivo das persoas que utilizan a nosa web, solicitamos o consentimento que estas outorgan expresamente ao premer o botón “Aceptar” do banner. Non solicitamos consentimento nos supostos nos que as cookies sexan necesarias para a navegación polo noso sitio web.

7. COMUNICACIÓNS E TRANSFERENCIAS INTERNACIONAIS DE DATOS

As cookies de terceiros utilizadas nesta páxina web pertencen ao provedor indicado no cadro, que pode estar situado nos Estados Unidos ou noutros lugares fóra do Espazo Económico Europeo. Estes territorios poderían non proporcionar un nivel de protección dos seus datos persoais equivalente ao da Unión Europea.

8. DESACTIVACIÓN DAS COOKIES

Para revogar o consentimento só deberá activar os botóns que lle facilitamos ou configurar o navegador para que rexeite as cookies. Tamén deberá borrar o historial para eliminar as cookies xa instaladas.

Ademais dos botóns de configuración de cookies desta política, a continuación facilitamos as ligazóns coa información necesaria para desactivar as cookies dos navegadores máis utilizados:

9. DEREITOS DAS PERSOAS USUARIAS

A persoa usuaria pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, cando correspondan, así como revogar o seu consentimento en info@figrupo.com.

Pode poñerse en contacto co noso Delegado de Protección de Datos en protecciondedatos@norquality.es.

Así mesmo, se considera que os seus dereitos non foron debidamente atendidos, ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).

10. MÁIS INFORMACIÓN

Para obter máis información sobre quen somos, como pode poñerse en contacto connosco, como tratamos os datos persoais e como pode exercer os seus dereitos, acceda á nosa Política de Privacidade.

Scroll ao inicio