Abeconsa

Construtora de edificación e obra civil

Abeconsa é experta na construción de vivendas colectivas, vivendas unifamiliares, naves industriais e residencias, ademais de urbanizacións, rúas e contornas portuarias. A rehabilitación tamén ocupa un capítulo especial na súa actividade.

Ten presenza en todo o territorio nacional, aínda que as súas principais zonas de actuación están en Galicia e Madrid.

A construtora é unha das máis lonxevas da nosa comunidade. Nace en Ferrol a finais dos anos 80, en 2004 incorpórase ao holding de empresas de fi/grupo: e dende 2013 as súas oficinas centrais atópanse na Coruña.

Abeconsa destaca por relacións de confianza e a longo prazo cos seus clientes, grazas a equipos con elevada experiencia e especialización.

Persoas construíndo
para persoas

Abeconsa concibe cada obra como única, con independencia da súa magnitude e orzamento. E é que cada edificación será o lugar de residencia ou de traballo de persoas e formará parte da paisaxe urbana. Por iso, o seu equipo humano é consciente da súa forte responsabilidade e afróntaa aplicando todo o seu coñecemento e experiencia. 

O diálogo cos clientes permite a Abeconsa transformar as ideas en proxectos con calidade, prezo axustado e no menor tempo posible

Contacta
con Abeconsa

R/ Comandante Fontanes
11-1º. 15003
A Coruña – España

Scroll ao inicio