Un holding galego liderado pola segunda xeración familiar

Somos un holding dirixido pola segunda xeración familiar, resultado da veteranía e a experiencia, respectuoso coa súa orixe e filosofía, e á vangarda da innovación e a sostibilidade.

A nosa é unha historia de compromiso con Galicia. O fundador de fi/grupo:, Amador de Castro, é un exemplo de esforzo, integridade, ética, emprendemento e respecto pola contorna na que se enmarca a actividade das nosas empresas.

Todas as persoas que formamos parte deste grupo asumimos con responsabilidade os seus valores. Traballamos con criterio, investimos e reinvestimos para potenciar o desenvolvemento das nosas empresas e o talento dos seus equipos. Co noso traballo, do que nos sentimos orgullosos, colaboramos activamente no avance económico, social e medioambiental pasado, presente e futuro dos territorios nos que nos asentamos.

OS NOSOS FITOS
MÁIS IMPORTANTES

1987

Ponse en marcha o xerme da actividade do conglomerado de empresas centrada na inspección técnica de vehículos en Galicia a través da compañía SyC (Supervisión y Control). Esta empresa situouse na cabeceira do ranking no seu sector en España e en Europa.

1995

A actividade de inspección técnica de vehículos é prometedora e isto tradúcese nunha estratexia de internacionalización que culmina coa implantación con éxito en América Central e América do Sur.

2000

Iniciamos a diversificación da nosa actividade entrando noutros sectores con enorme potencial como a náutica deportiva, o tratamento medioambiental e a construción. 

2017

A segunda xeración familiar asume a xestión. Realizamos diversas operacións corporativas que reducen a nosa participación no sector da inspección técnica de vehículos para dar maior protagonismo a outras actividades con gran potencial nas que xa estamos presentes.

2020

Asumimos novos retos e apostamos pola xeración de valor coa entrada en novas liñas de negocio, como a fabricación de packaging premium, a prestación de servizos de residencia e atención á terceira idade, o desenvolvemento de solucións de construción sostible e a promoción inmobiliaria orientada á eficiencia.

2030

En fi/grupo: miramos ao futuro con optimismo. O noso propósito segue a ser xerar benestar compartido e emprego na nosa terra. Por iso, o noso plan estratéxico está centrado en impulsar as nosas liñas de actividade, atentos a novas oportunidades de desenvolvemento para a sociedade galega.

A NOSA EVOLUCIÓN
EN CIFRAS

114

141

172

205

241

291

22,1

29,0

45,6

51,5

54,4

58,0

*Millóns de euros

Scroll ao inicio