Abeconsa

Construción sostible a través de solucións industrializadas
Abeconsa Abeconsa comeza no ano 1988 a súa actividade de construción de vivendas, edificacións industriais, infraestruturas, rehabilitación e mantemento. Desde o ano 2004 forma parte de fi/grupo:
A construtora traballa en toda España, cunha base de operacións na Comunidade de Madrid e Galicia. Baixo os principios de prudencia e fiabilidade, a empresa soubo adaptarse aos cambios do sector da construción, mantendo unha liña de negocio sólida e estable nos mercados nos que opera.

Experiencia, calidade
e fiabilidade
A súa capacidade para perdurar baséase na calidade de execución das súas obras, no cumprimento dos prazos e en establecer relacións estreitas con clientes, traballadores e provedores. Abeconsa destaca por un equipo de grande experiencia e especialización.





